Creamos esta presentación como forma de achegarche o contido creado ata este momento do noso blog dunha maneira máis amena, esperamos que vos guste.
Encontrarás información sobre Galicia, a natureza, costumes, gastronomía e outros temas que che van interesar.
7 de mayo de 2012
31 de marzo de 2012
Universidades galegas
En primeiro lugar temos a Universidade de Vigo. Foi fundada en 1990 a partir da segregación dos medios da Universidade de Compostela, ata aquel momento a única universidade galega, en tres: a propia Universidade de Compostela, a Universidade de A Coruña e a Universidade de Vigo. O seu antecedente é o Colexio Universidtario de Vigo, creado nos anos 70 e o Colexio Universitario e Ourense, inaugurado no ano 1973.
A Universidade de Vigo consta de tres campus en diferentes cidades galegas: a súa sede central en Vigo; o campues de Ourense e o campus de Pontevedra.
Alberga unha gran demanda académica en enxeñerías, traducción e interpretación, enfermaría, maxisterio e rama empresarial (entre outras carreiras).
«Innovadora, pública, de calidade.»http://www.uvigo.es/
A continuación temos a Universidade de A Coruña. Foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia. O Claustro Constituínte aprobou, o día 4 de febreiro de 1992, os Estatutos da Universidade que foron publicados no DOG do 17 de setembro de 1992.
Ten sedes na propia cidade de A Coruña, en Ferrol e en Bastiagueiro (Oleiros). Destaca nas carreiras que non teñen sede nas outras universidades galegas como poden ser: podoloxía, arquitectura, deseño industrial.
Destaca pola súa lista de "Honoris Causa" entre os que destacan persoas ilustres como: Adolfo Suárez González, Xosé Neira Vilas, Isaac Díaz Pardo, María Wonenburger, Seamus Heaney, entre outros.
http://www.udc.es/
Por último temos a Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundada en 1495, por Lope Gómez de Marzoa, e é con os seus máis de 500 anos a universidae de máis larga tradición de Galicia e unha das máis antigas do mundo.
Xa dende os seus inicios, a universidade fozou dun importante impulso cultural e económico baixo o arzobispado de Alonso III de Fonseca. Así dende principios do siglo XVI, a Universidade contará con varios Colexios Universitarios onde impartránse estudos de Teoloxía, Grámática e Arte, oferta que se verña complementada con carreiras de Dereito e Mediciña.
Actualmente conta con dous campus: un na propia cidade de Santiago de Compostela e outro na cidade de Lugo (nesta última cidade a oferta educativa e bastante escasa). Ademais é a universidade con máis oferta de todas as universidades galegas e a que ten o maior número de alumnado.
http://www.usc.es/
28 de marzo de 2012
Festa da Reconquista 28 de marzo
Esta festa ten a sía orixe no ano 1809, cando o pobo de Vigo, farto do maltrato que padecía pola dominación francesa, desatou unha revolta popular qu culminou coa explusión das tropas napoleónicas de Vigo.
Os nomes de Morillo e Cachamuíña, dos valerosos militares que colaboraron en guiar ao pobo e librar a batalla contra os franceses son homenaxeados e recordados nesta festa coma heroes patrios.
O máis representativo desta festa é, sobre todo, a representación teatral dos feitos. Pódese dicir que se divide en tres actos: chegada dos franceses e discurso do alcalde na Plaza da Constitución; derribo da Porta da Gamboa (unha das seis portas da muralla de Vigo) co correspondente enfrontamento cos franceses inmediatamente e por último a expulsión das tropas napoleónicas no Porto de Vigo.
Para máis información sobre esta festa click aquí.
A continuación deixámoslles un artigo de opinión dunha exprofesora de Dereito da Universidade de Vigo, xa que o pregón só esta dispoñible (de momento) en formato papel.
Vigo, a cidade máis grande de Galicia, sempre tivo alma de loitadora e de traballadora para conseguir todo o que se propoñía e converterse no que é a día de hoxe. Pero esa forza, ese especial carácter combatente non é novo, e boa mostra diso xa o tivemos hai máis de 200 anos coa ofensiva que liderou en Galicia contra a invasión francesa na Guerra da Independencia, entre xaneiro e marzo de 1809.
O levantamento popular é un fito histórico que se conmemora cada ano en Vigo, dende hai case dúas décadas, co pulo da Asociación de Veciños do Casco Vello e, coma non podía ser doutra maneira, coa participación masiva das viguesas e vigueses na que é a súa festa civil máis característica e que vén a ser un claro exemplo do que realmente somos as viguesas e vigueses e mellor nos define coma persoas: loitadores.
Do cariño e do apoio das veciñas e veciños de Vigo e do público en xeral, que na pasada edición superaron as 22.000 persoas, xurdiu de xeito incuestionable a declaración pola Xunta de Galicia da Reconquista coma Festa de Interese Turístico de Galicia, e supón o recoñecemento ao valor histórico, cultural e social da Festa, e a súa importancia como atractivo turístico en xeral.
Nestes días a cidade conxuga a celebración do éxito da loita dos nosos ancestros contra a invasión francesa e a promoción turística e socioeconómica de Vigo. A Reconquista é un instrumento eficaz para a promoción da nosa cidade a nivel nacional e internacional, e proxecta a beleza máis auténtica da vila, que se reflicte nas rúas engalanadas do Casco Vello.
Un Casco Vello que camiña firme cara a súa recuperación integral, coa revalidación do pacto entre a Xunta de Galicia e o Concello para continuar coa vixencia do Consorcio do Casco Vello de Vigo durante 6 anos máis, para seguir coa labor de rehabilitación no noso barrio histórico. A Xunta de Galicia segue apostando por Vigo e quere seguir traballando para rematar as actuacións que xa están en marcha e conquerir novos compromisos e novas actuacións na cidade.
Porque non podemos desaproveitar unha das nosas maiores fortalezas nun momento en que todos os esforzos son necesarios. O atractivo de Vigo e da súa Ría é unha garantía para a consolidación da empresa turística galega nun entorno de gran competitividade.
Os heroes da Reconquista loitaron hai máis de 200 anos contra a resignación e venceron ao inimigo, xuntos. Cachamuiña, ferido, derrubou a machadazos a porta da Gamboa e abriu o camiño da esperanza. Pero non o fixo só. En compaña do bravo mariñeiro Carolo, do abade de Valadares, das desafiantes "Auroras", do tenente Almeida ou do alcalde Vázquez Varela, xuíz e principal valedor da Reconquista de Vigo, conseguiron combater e facer fronte ás tropas francesas do coronel Chalot. E coma naquela ocasión, este é o camiño que hoxe tamén, xuntos, todos temos que seguir para que a cidade siga a medrar.
Convídovos a percorrer estes días de festa as rúas vellas de Vigo, a mesturarse coas xentes vestidas "de época", a achegarse á nosa artesanía e gastronomía, e a disfrutar, en fin, da representación viva da Reconquista de Vigo, coa actuación de máis de 400 actrices e actores voluntarios.
Cada ano temos a oportunidade de vivir e compartir unha parte importante da historia de Vigo, que xa é tradición. E coma dixo Castelao, "a tradición é a alma eterna de Galicia, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a historia. A tradición é a eternidade".*Delegada Territorial da Xunta en Vigo
21 de marzo de 2012
Spots de Gadis
Estos son algúns vídeos sobre Galicia como sport dunha coñecida cadea de supermercados (GADIS), pero que reflexan mellor que ningún o verdadeiro sentido de ser galego.
Cidades patrimonio da humanidade, parques nacionais y festas de interese turístico.
Dentro da nosa xeografía atópanse cidades patrimonio da humanidade, parques nacionais y festas de interese turístico nacional ou internacional.
Exemplos de cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO son: Santiago de Compostela declarada o 4 de decembro de 1985 e Lugo declarada no ano 2000 (aínda que nesta o declarado patromonio é a súa muralla romana); outros exemplos de patrimonio da humanidade que non sexan cidades son o camiño de Santiago (todo o camiño non só a parte galega) e a Torre de Hércules na cidade da Coruña.
Como parques nacionais temos o Parque Nacional Illas Atlánticas na pronvincia de Pontevedra, nas Rías Baixas galegas. tan unaha superficie de 434 hectáneas e comprende as illas Cíes, as illas de Ons, Cortegada e Sálvora. Dende o punto de vista ecolóxico ten gran importancia xa que alberga a numerosas especies de aves mariñas, a máis de 200 espcies de algas e a máis de 400 especies vexetais, ademais, na illa de Cortegada albérgase o maior bosque de laurel de toda Europa.
Para vistar tanto as illas Cíes como as illas Ons en época estival fai click aquí.
Por último temos festas de interese turístico internacional como son: Festa de Santiago Apóstol (Santiago de Compostela) o 25 de xullo; Romaría Vikinga de Catoira, Catoira (Pontevedra) o primeiro domingo de agosto; Festival de Ortigueira (A Coruña), segundo fin de semana de xullo; Rapa das Bestas, Sabucedo (Pontevedra), principios de xullo e o Cortus Christi en Ponteareas, Ponteareas (Pontevedra), sesenta días despois do Domingo de Pascua (xullo). Ademais tamén temos unha gran variedade declarada de interese turístico nacional como pódese ver neste enlace.
Finalmente a última festa en engadise a esta lista foi a festa de Reconquista de Vigo como festa de interes turístico galego como pódese apreciar nesta noticia.
27 de febrero de 2012
ARRIBADA
Este fin de semana celébrase na vila de Baiona unha festa medieval a que te convidamos que asistas. A continuación, relatamosche un pouco da historia que levou a súa celebración.
O venres 8 de outubro de 2010, a festa da arribada de Baiona foi declatrada de interés turístico nacional.
publicouse no BOE a resolución do dís 23 de setembro da Secretaría General de Turismo pola que se concede o título de "Festa de Interés Turístico Nacional" á "Festa da Arribada da Carabela Pinta" de Baiona na provincia de Pontevedra de tal forma que xa son 12 as festas que obstentan en Galicia a declaración de Interés Turístico Nacional e 5 que a teñen de Interés Internacional.
O día 1 de marzo de 1976 foi declarada festa local oficial. Nese día conmemoravase a chegada da carabela "La Pinta" ao porto de Baiona ca noticia do descubrimento de América. Nos últimos anos, aumentáronse os actos para recordar tan histórico suceso e por tal motivo a festa coincide co fin de semana seguinte ao que hasta agora era día de festa oficial.
Celébrase nas rúas do casco antigo e nos paseos cercanos unha festa medieval na que se ofrecen os productos de artesaníaque se consumían no século XV. Músicos, xoglares, malabaristas e artesáns recorren estos días as rúas revivindo aquel feito. Ademais escenifícase a reconstrucción do relato que Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes fixeron da xesta do descubrimendto ao corexidor de Baiona o día 1 de marzo de 1493.
Os actos complétanse coa concesión da Medalla de ouro de Baiona a persoas ou asociacións que destacaran pola súa labor cultural no marco da emigracióne con unha celemonia oficial na que participan os representantes dos concellos de Palos de la Frontera, Santa Fe de Granada e Pornic, vilas irmandadas coa de Baiona.
23 de febrero de 2012
ESTATUTO DE AUTONOMÍA GALEGO
O Estatuo de Autonomía é a norma básica da Comunidade Autónoma de Galicia. No ámbito da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta Comunidade Autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Afirma que os poderes da Comunidade Autónoma básanse no Estatuto, na Constitución e no pobo galego. A parte do actual, durante a Segunda República aprobouse un proxecto de Estatuto de Autonomía, pero non chegou a entrar en vigor debido ó estalido da Guerra Civil.
Iniciáronse debates no Parlamento sobre unha posible reforma do Estatuto tralas elecións de 2005, co PSG (Partido Socialista de Galicia) e o BNG (Bloque Nacionalista Galego) ao fronte, pero precisaban o consenso dun partido máis, o PPG (Partido Popular de Galicia) sin embargue negouse rotundamente xa que nesta reforma ademais de considerar a Galicia coma unha nacionalidade histórica tamén se querían incluir o carácter de nación e iso o PPG non o admitía. Finalmente, non houvo tal reforma aínda que todavía hai unha comisión parlamentaria que traballa sobre o desarrolo dun proxecto para un novo Estatuto.
O Estatuto de Autonomía consta de diferentes partes:
- Título Preliminar. Artígos do 1-8
- Título I: Do Poder Galego. Artígos do 9-26
- Título II: Das Competencias de Galicia. Artígos do 27-38
- Título III: Da Administración Pública Galega. Artígos do 39-41
- Título IV: Da Economía e Facenda. Artígos do 42-55
- Título V: Da Reforma. Artígos do 56-57
- Disposicións Adicionais (catro disposicións).
- Disposicións Transitorias (sete disposicións).
GALICIA UN PARAÍSO NATURAL
Está situada no noroeste da Península Ibérica.
Consta de catro provincias: Pontevedra, Lugo, Ourense e A Coruña. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao este con Castela León e Asturias e ao oeste co Océano Atlántico.
Territorialmente as zonas costeiras divídense en Rias Baixas: rias de Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros e Noia e Corcuvión e separaas das Rias Altas, o Cabo de Finisterre.
Algunhas das Rías Altas máis importantes, son a de Ferrol, Coruña, Betanzos e Viveiro.
A súa capital é Santiago de Compostela (situada na provincia da Coruña) e a cidade máis poboada é Vigo.
Galicia ten unha poboación de 2.795.422 habitantes, a maior parte da poboación vive nas zonas costeiras ou ben nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Vigo que son as máis poboadas.
Como territorio, posue un estatuto de autonomía propio e está considerada como nacionalidade histórica.
Infomación que nos aporta a Xunta de Galicia sobre o noso trerritorio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)