21 de marzo de 2012

Cidades patrimonio da humanidade, parques nacionais y festas de interese turístico.

Dentro da nosa xeografía atópanse cidades patrimonio da humanidade, parques nacionais y festas de interese turístico nacional ou internacional.

Exemplos de cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO son: Santiago de Compostela declarada o 4 de decembro de 1985 e Lugo declarada no ano 2000 (aínda que nesta o declarado patromonio é a súa muralla romana); outros exemplos de patrimonio da humanidade que non sexan cidades son o camiño de Santiago (todo o camiño non só a parte galega) e a Torre de Hércules na cidade da Coruña.

Como parques nacionais temos o Parque Nacional Illas Atlánticas na pronvincia de Pontevedra, nas Rías Baixas galegas. tan unaha superficie de 434 hectáneas e comprende as illas Cíes, as illas de Ons, Cortegada e Sálvora. Dende o punto de vista ecolóxico ten gran importancia xa que alberga a numerosas especies de aves mariñas, a máis de 200 espcies de algas e a máis de 400 especies vexetais, ademais, na illa de Cortegada albérgase o maior bosque de laurel de toda Europa.
Para vistar tanto as illas Cíes como as illas Ons en época estival fai click aquí.



Por último temos festas de interese turístico internacional como son: Festa de Santiago Apóstol (Santiago de Compostela) o 25 de xullo; Romaría Vikinga de Catoira, Catoira (Pontevedra) o primeiro domingo de agosto; Festival de Ortigueira (A Coruña), segundo fin de semana de xullo; Rapa das Bestas, Sabucedo (Pontevedra), principios de xullo e o Cortus Christi en Ponteareas, Ponteareas (Pontevedra), sesenta días despois do Domingo de Pascua (xullo). Ademais tamén temos unha gran variedade declarada de interese turístico nacional como pódese ver neste enlace.
Finalmente a última festa en engadise a esta lista foi a festa de Reconquista de Vigo como festa de interes turístico galego como pódese apreciar nesta noticia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario