27 de febrero de 2012

ARRIBADA

Este fin de semana celébrase na vila de Baiona unha festa medieval a que te convidamos que asistas. A continuación, relatamosche un pouco da historia que levou a súa celebración.

O venres 8 de outubro de 2010, a festa da arribada de Baiona foi declatrada de interés turístico nacional.
publicouse no BOE a resolución do dís 23 de setembro da Secretaría General de Turismo pola que se concede o título de "Festa de Interés Turístico Nacional" á "Festa da Arribada da Carabela Pinta" de Baiona na provincia de Pontevedra de tal forma que xa son 12 as festas que obstentan en Galicia a declaración de Interés Turístico Nacional e 5 que a teñen de Interés Internacional.
O día 1 de marzo de 1976 foi declarada festa local oficial. Nese día conmemoravase a chegada da carabela "La Pinta" ao porto de Baiona ca noticia do descubrimento de América. Nos últimos anos, aumentáronse os actos para recordar tan histórico suceso e por tal motivo a festa coincide co fin de semana seguinte ao que hasta agora era día de festa oficial.
Celébrase nas rúas do casco antigo e nos paseos cercanos unha festa medieval na que se ofrecen os productos de artesaníaque se consumían no século XV. Músicos, xoglares, malabaristas e artesáns recorren estos días as rúas revivindo aquel feito. Ademais escenifícase a reconstrucción do relato que Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes fixeron da xesta do descubrimendto ao corexidor de Baiona o día 1 de marzo de 1493.
Os actos complétanse coa concesión da Medalla de ouro de Baiona a persoas ou asociacións que destacaran pola súa labor cultural no marco da emigracióne con unha celemonia oficial na que participan os representantes dos concellos de Palos de la Frontera, Santa Fe de Granada e Pornic, vilas irmandadas coa de Baiona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario