Esta festa ten a sía orixe no ano 1809, cando o pobo de Vigo, farto do maltrato que padecía pola dominación francesa, desatou unha revolta popular qu culminou coa explusión das tropas napoleónicas de Vigo.
Os nomes de Morillo e Cachamuíña, dos valerosos militares que colaboraron en guiar ao pobo e librar a batalla contra os franceses son homenaxeados e recordados nesta festa coma heroes patrios.
O máis representativo desta festa é, sobre todo, a representación teatral dos feitos. Pódese dicir que se divide en tres actos: chegada dos franceses e discurso do alcalde na Plaza da Constitución; derribo da Porta da Gamboa (unha das seis portas da muralla de Vigo) co correspondente enfrontamento cos franceses inmediatamente e por último a expulsión das tropas napoleónicas no Porto de Vigo.
Para máis información sobre esta festa click aquí.
A continuación deixámoslles un artigo de opinión dunha exprofesora de Dereito da Universidade de Vigo, xa que o pregón só esta dispoñible (de momento) en formato papel.
Vigo, a cidade máis grande de Galicia, sempre tivo alma de loitadora e de traballadora para conseguir todo o que se propoñía e converterse no que é a día de hoxe. Pero esa forza, ese especial carácter combatente non é novo, e boa mostra diso xa o tivemos hai máis de 200 anos coa ofensiva que liderou en Galicia contra a invasión francesa na Guerra da Independencia, entre xaneiro e marzo de 1809.
O levantamento popular é un fito histórico que se conmemora cada ano en Vigo, dende hai case dúas décadas, co pulo da Asociación de Veciños do Casco Vello e, coma non podía ser doutra maneira, coa participación masiva das viguesas e vigueses na que é a súa festa civil máis característica e que vén a ser un claro exemplo do que realmente somos as viguesas e vigueses e mellor nos define coma persoas: loitadores.
Do cariño e do apoio das veciñas e veciños de Vigo e do público en xeral, que na pasada edición superaron as 22.000 persoas, xurdiu de xeito incuestionable a declaración pola Xunta de Galicia da Reconquista coma Festa de Interese Turístico de Galicia, e supón o recoñecemento ao valor histórico, cultural e social da Festa, e a súa importancia como atractivo turístico en xeral.
Nestes días a cidade conxuga a celebración do éxito da loita dos nosos ancestros contra a invasión francesa e a promoción turística e socioeconómica de Vigo. A Reconquista é un instrumento eficaz para a promoción da nosa cidade a nivel nacional e internacional, e proxecta a beleza máis auténtica da vila, que se reflicte nas rúas engalanadas do Casco Vello.
Un Casco Vello que camiña firme cara a súa recuperación integral, coa revalidación do pacto entre a Xunta de Galicia e o Concello para continuar coa vixencia do Consorcio do Casco Vello de Vigo durante 6 anos máis, para seguir coa labor de rehabilitación no noso barrio histórico. A Xunta de Galicia segue apostando por Vigo e quere seguir traballando para rematar as actuacións que xa están en marcha e conquerir novos compromisos e novas actuacións na cidade.
Porque non podemos desaproveitar unha das nosas maiores fortalezas nun momento en que todos os esforzos son necesarios. O atractivo de Vigo e da súa Ría é unha garantía para a consolidación da empresa turística galega nun entorno de gran competitividade.
Os heroes da Reconquista loitaron hai máis de 200 anos contra a resignación e venceron ao inimigo, xuntos. Cachamuiña, ferido, derrubou a machadazos a porta da Gamboa e abriu o camiño da esperanza. Pero non o fixo só. En compaña do bravo mariñeiro Carolo, do abade de Valadares, das desafiantes "Auroras", do tenente Almeida ou do alcalde Vázquez Varela, xuíz e principal valedor da Reconquista de Vigo, conseguiron combater e facer fronte ás tropas francesas do coronel Chalot. E coma naquela ocasión, este é o camiño que hoxe tamén, xuntos, todos temos que seguir para que a cidade siga a medrar.
Convídovos a percorrer estes días de festa as rúas vellas de Vigo, a mesturarse coas xentes vestidas "de época", a achegarse á nosa artesanía e gastronomía, e a disfrutar, en fin, da representación viva da Reconquista de Vigo, coa actuación de máis de 400 actrices e actores voluntarios.
Cada ano temos a oportunidade de vivir e compartir unha parte importante da historia de Vigo, que xa é tradición. E coma dixo Castelao, "a tradición é a alma eterna de Galicia, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a historia. A tradición é a eternidade".*Delegada Territorial da Xunta en Vigo
Gustame o Blog, sobre todo os videos de Gadis, o que boto de menos é unha entranda onde se fale da Historia en xeral de Galiza, que non digo que o contido actual sexa interesante, so queria facer unha suxerencia.
ResponderEliminarAldara e Laura, continuade mostrando a beleza da nosa terra.
¡Noraboa polo blog mozas!
ResponderEliminarA festa da Reconquista de Vigo e sen dúbida un dos acontecementos anuais da cidade de Vigo que máis relevancia teñen, non só a nivel local, senón tamén a nivel nacional! Lembrade que Vigo foi unha das primeiras cidades españolas en liberarse do dominio francés, e todo sen máis axuda que a estratexia empregada polos valentes veciños dunha pequeña vila mariñeira!
Animo a todos os vigueses que vean o voso blog a ler algo máis sobre a historia de Cachamuíña ou de Carolo, pois consideiro xa non productivo, senón entretida, o coñecemento da historia da nosa cidade :)
Por outra parte non só debe adxudicarse o éxito da expulsión dos franceses de Vigo ós vigueses, tamén os ingleses atopábanse preto dalí... Déixoo caer ;)
Bicos! :)