O Estatuo de Autonomía é a norma básica da Comunidade Autónoma de Galicia. No ámbito da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta Comunidade Autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Afirma que os poderes da Comunidade Autónoma básanse no Estatuto, na Constitución e no pobo galego. A parte do actual, durante a Segunda República aprobouse un proxecto de Estatuto de Autonomía, pero non chegou a entrar en vigor debido ó estalido da Guerra Civil.
Iniciáronse debates no Parlamento sobre unha posible reforma do Estatuto tralas elecións de 2005, co PSG (Partido Socialista de Galicia) e o BNG (Bloque Nacionalista Galego) ao fronte, pero precisaban o consenso dun partido máis, o PPG (Partido Popular de Galicia) sin embargue negouse rotundamente xa que nesta reforma ademais de considerar a Galicia coma unha nacionalidade histórica tamén se querían incluir o carácter de nación e iso o PPG non o admitía. Finalmente, non houvo tal reforma aínda que todavía hai unha comisión parlamentaria que traballa sobre o desarrolo dun proxecto para un novo Estatuto.
O Estatuto de Autonomía consta de diferentes partes:
- Título Preliminar. Artígos do 1-8
- Título I: Do Poder Galego. Artígos do 9-26
- Título II: Das Competencias de Galicia. Artígos do 27-38
- Título III: Da Administración Pública Galega. Artígos do 39-41
- Título IV: Da Economía e Facenda. Artígos do 42-55
- Título V: Da Reforma. Artígos do 56-57
- Disposicións Adicionais (catro disposicións).
- Disposicións Transitorias (sete disposicións).
No hay comentarios:
Publicar un comentario