Está situada no noroeste da Península Ibérica.
Consta de catro provincias: Pontevedra, Lugo, Ourense e A Coruña. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao este con Castela León e Asturias e ao oeste co Océano Atlántico.
Territorialmente as zonas costeiras divídense en Rias Baixas: rias de Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros e Noia e Corcuvión e separaas das Rias Altas, o Cabo de Finisterre.
Algunhas das Rías Altas máis importantes, son a de Ferrol, Coruña, Betanzos e Viveiro.
A súa capital é Santiago de Compostela (situada na provincia da Coruña) e a cidade máis poboada é Vigo.
Galicia ten unha poboación de 2.795.422 habitantes, a maior parte da poboación vive nas zonas costeiras ou ben nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Vigo que son as máis poboadas.
Como territorio, posue un estatuto de autonomía propio e está considerada como nacionalidade histórica.
Infomación que nos aporta a Xunta de Galicia sobre o noso trerritorio
No hay comentarios:
Publicar un comentario