27 de febrero de 2012

ARRIBADA

Este fin de semana celébrase na vila de Baiona unha festa medieval a que te convidamos que asistas. A continuación, relatamosche un pouco da historia que levou a súa celebración.

O venres 8 de outubro de 2010, a festa da arribada de Baiona foi declatrada de interés turístico nacional.
publicouse no BOE a resolución do dís 23 de setembro da Secretaría General de Turismo pola que se concede o título de "Festa de Interés Turístico Nacional" á "Festa da Arribada da Carabela Pinta" de Baiona na provincia de Pontevedra de tal forma que xa son 12 as festas que obstentan en Galicia a declaración de Interés Turístico Nacional e 5 que a teñen de Interés Internacional.
O día 1 de marzo de 1976 foi declarada festa local oficial. Nese día conmemoravase a chegada da carabela "La Pinta" ao porto de Baiona ca noticia do descubrimento de América. Nos últimos anos, aumentáronse os actos para recordar tan histórico suceso e por tal motivo a festa coincide co fin de semana seguinte ao que hasta agora era día de festa oficial.
Celébrase nas rúas do casco antigo e nos paseos cercanos unha festa medieval na que se ofrecen os productos de artesaníaque se consumían no século XV. Músicos, xoglares, malabaristas e artesáns recorren estos días as rúas revivindo aquel feito. Ademais escenifícase a reconstrucción do relato que Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes fixeron da xesta do descubrimendto ao corexidor de Baiona o día 1 de marzo de 1493.
Os actos complétanse coa concesión da Medalla de ouro de Baiona a persoas ou asociacións que destacaran pola súa labor cultural no marco da emigracióne con unha celemonia oficial na que participan os representantes dos concellos de Palos de la Frontera, Santa Fe de Granada e Pornic, vilas irmandadas coa de Baiona.

23 de febrero de 2012

ESTATUTO DE AUTONOMÍA GALEGO

O Estatuo de Autonomía é a norma básica da Comunidade Autónoma de Galicia. No ámbito da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta Comunidade Autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Afirma que os poderes da Comunidade Autónoma básanse no Estatuto, na Constitución e no pobo galego. A parte do actual, durante a Segunda República aprobouse un proxecto de Estatuto de Autonomía, pero non chegou a entrar en vigor debido ó estalido da Guerra Civil.

Iniciáronse debates no Parlamento sobre unha posible reforma do Estatuto tralas elecións de 2005, co PSG (Partido Socialista de Galicia) e o BNG (Bloque Nacionalista Galego) ao fronte, pero precisaban o consenso dun partido máis, o PPG (Partido Popular de Galicia) sin embargue negouse rotundamente xa que nesta reforma ademais de considerar a Galicia coma unha nacionalidade histórica tamén se querían incluir o carácter de nación e iso o PPG non o admitía. Finalmente, non houvo tal reforma aínda que todavía hai unha comisión parlamentaria que traballa sobre o desarrolo dun proxecto para un novo Estatuto.

 O Estatuto de Autonomía consta de diferentes partes:
  • Título Preliminar. Artígos do 1-8
  • Título I: Do Poder Galego. Artígos do 9-26
  • Título II: Das Competencias de Galicia. Artígos do 27-38
  • Título III: Da Administración Pública Galega. Artígos do 39-41
  • Título IV: Da Economía e Facenda. Artígos do 42-55
  • Título V: Da Reforma. Artígos do 56-57
  • Disposicións Adicionais (catro disposicións).
  • Disposicións Transitorias (sete disposicións).
O texto íntegro do estatuto de autonomía que nos aporta a Xunta de Galicia

GALICIA UN PARAÍSO NATURAL


Está situada no noroeste da Península Ibérica.
Consta de catro provincias: Pontevedra, Lugo, Ourense e A Coruña. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao este con Castela León e Asturias e ao oeste co Océano Atlántico.
Territorialmente as zonas costeiras divídense en Rias Baixas: rias de Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros e Noia e Corcuvión e separaas das Rias Altas, o Cabo de Finisterre.
Algunhas das Rías Altas máis importantes, son a de Ferrol, Coruña, Betanzos e Viveiro.
A súa capital é Santiago de Compostela (situada na provincia da Coruña) e a cidade máis poboada é Vigo.
Galicia ten unha poboación de 2.795.422 habitantes, a maior parte da poboación vive nas zonas costeiras ou ben nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Vigo que son as máis poboadas.
 
 
Como territorio, posue un estatuto de autonomía propio e está considerada como nacionalidade histórica.


Infomación que nos aporta a Xunta de Galicia sobre o noso trerritorio