En primeiro lugar temos a Universidade de Vigo. Foi fundada en 1990 a partir da segregación dos medios da Universidade de Compostela, ata aquel momento a única universidade galega, en tres: a propia Universidade de Compostela, a Universidade de A Coruña e a Universidade de Vigo. O seu antecedente é o Colexio Universidtario de Vigo, creado nos anos 70 e o Colexio Universitario e Ourense, inaugurado no ano 1973.
A Universidade de Vigo consta de tres campus en diferentes cidades galegas: a súa sede central en Vigo; o campues de Ourense e o campus de Pontevedra.
Alberga unha gran demanda académica en enxeñerías, traducción e interpretación, enfermaría, maxisterio e rama empresarial (entre outras carreiras).
«Innovadora, pública, de calidade.»http://www.uvigo.es/
A continuación temos a Universidade de A Coruña. Foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia. O Claustro Constituínte aprobou, o día 4 de febreiro de 1992, os Estatutos da Universidade que foron publicados no DOG do 17 de setembro de 1992.
Ten sedes na propia cidade de A Coruña, en Ferrol e en Bastiagueiro (Oleiros). Destaca nas carreiras que non teñen sede nas outras universidades galegas como poden ser: podoloxía, arquitectura, deseño industrial.
Destaca pola súa lista de "Honoris Causa" entre os que destacan persoas ilustres como: Adolfo Suárez González, Xosé Neira Vilas, Isaac Díaz Pardo, María Wonenburger, Seamus Heaney, entre outros.
http://www.udc.es/
Por último temos a Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundada en 1495, por Lope Gómez de Marzoa, e é con os seus máis de 500 anos a universidae de máis larga tradición de Galicia e unha das máis antigas do mundo.
Xa dende os seus inicios, a universidade fozou dun importante impulso cultural e económico baixo o arzobispado de Alonso III de Fonseca. Así dende principios do siglo XVI, a Universidade contará con varios Colexios Universitarios onde impartránse estudos de Teoloxía, Grámática e Arte, oferta que se verña complementada con carreiras de Dereito e Mediciña.
Actualmente conta con dous campus: un na propia cidade de Santiago de Compostela e outro na cidade de Lugo (nesta última cidade a oferta educativa e bastante escasa). Ademais é a universidade con máis oferta de todas as universidades galegas e a que ten o maior número de alumnado.
http://www.usc.es/